Mañana o pasado borrare los post con imagenes, no se por que algunas no se ven...asi que os emplazo al que espero sea mi ultima camino por el mundo de los blog... www.paxaradas.blogspot.com aqui solo dejare mis reflecsiones traumatico conceptuales..a cuidarse meus.
Mi primer logo que sera visto por las masas..si es que me hace una ilusión ( a mis años :P )
No mundo, polo que parece, existen amores imposibles, non por mor da raza, ou da cor, ou do sexo, se non por mor dunha moral revirada que xoga cos sentimentos dos demais pero non consinte cos demais opinen sobre do seu. O carneiro namórase da corvo e o pai dela impide o amor a pesares do mimetismo agónico que o mamífero intenta. Non miremos para moi lonxe por que existe xente que inda cree que o amor e bater a golpes a súa dona e que dous homes xuntos sonche unha aberración. Saquemos o chapeu e esperemos a que a ignorancia salga dos nosos miolos facéndonos un chisco máis ceibes.
A realidade supera a ficción, típico tópico. O marido síntese enganado mentres a súa muller asubía a realidade das posibilidades xenéticas....O mundo éche así.non che ai inocentes nin culpables, so vontades inxeles a prol dunha vida difícil
Boas Xefe Merino:
Creo que foi Bergman quen dixo que todo é cambiante, e que por elo, é imposible captar a realidade. Eu creo que o que cambia é a nosa percepción desa realidade,si, estou de acordo que a natureza ten un forte compóñente metamórfico, pero tamén é certo que o termo “ realidade “ inclúe moito máis do que se pode amosar por medio fisiconaturais...A máis, unha pedra segue a ser unha pedra por moito que troque a nosa perspectiva dela, co paso do tempo pode cambiar a súa forma ( ou desaparecer) pero para a meirande parte de nós ese cambio non é perceptible, é a súa realidade é que segue sendo unha pedra.
O feito de que a realidade troque segundo sexa a nosa percepción dela non deixa de ser un problema...e un problema moi gordo ¿Por que? Pois por a sinxela razón de que a nosa percepción ( non son de opxetos e cousas se non tamén de ideas e feitos) e sinxela de manipular. A historia da nosa percepción (individual ou colectiva) esta chea de manipulacións, dende as máis “inocentes” (Todos nós deixamos enganar cando imos a un espectáculo de maxia) ata as máis agresivas ( a publicidade por exemplo) e a medida que o acceso a información aumenta, nosa “liberdade perceptiva” diminúe e vese máis ameazada, polo que podemos considerar os medios de comunicación como os meirandes “manipuladores” sensoriais.
A nosa visión das cousas tamén troca segundo sexan nosos propios intereses ( ou intereses alleos que nos fan ver coma nosos) Así, un aborixe da Amazónia, vería unha hectárea da xungla coma un lugar idóneo para a caza, a recolección e demais necesidades básicas; pero un empresario (occidental ou non, non nos equivoquemos) vería a mesma hectárea como un lugar ideal para obter futuros mobles de deseño ( entre outras moitas posibilidades).
Somos pois escravos da nosa percepción, e a nosa percepción o é dos nosos sensos, os cales, por desgracia, son sinxelos de enganar. ¿ Que conclusión saco de todo isto? Pois certamente non o sei, a liberdade humana depende dun factor moi variable como é a súa propia capacidade de discernir o que é real ou non, do que é natural. Polo cal o home canto máis se separe da súa condición “animal” máis fácil é que perda todo contacto ca “realidade” que ó rodea...Quizais debiamos de parar un chisco e replantarnos noso lugar neste mundo que nós tocou, o mellor deste xeito poderiamos captar a realidade é reflexala nuns actos adecuados...quen sabe..”maña” o veremos.
Ben non che dou máis a lata, a coidarse meu
Por se vos gustan as aventuras gráficas vou poñer aquí o enlace a unha na que participei deseñando as personaxes e facendo as súas animacións,así mesmo poño tamén os enlaces das rutinas para que poidades xogar o mesmo. No xogo debedes usar a vosa intelixencia (sig) para axudar a Fernando Fernández a rescatar a unha moza ben feita ( como vedes destila orixinalidade) Recoméndovolo, non é unha marabilla pero ides pasar un bo intre.
Se non sodes quen de rematalo ( estráñame) podedes consultar a solución ( e outros moitos datos sobre o dito xogo ) en http://www.iespana.es/studiosdrakkar/
O enlace da descarga do Xogo o e seguinte: http://www.esmucho.net/softwaredescarga.asp?id=2011 este é o entorno “Xava” para poder facelo funcionar: http://usuarios.lycos.es/grupoadan/jre1_2_2-win.exe e este outro http://usuarios.lycos.es/grupoadan/jmf-2_1-win.exe e máis que nada para o son e os efectos sonoros. Pasádeo ben e disfrutalo
Boas Xefe merino:
Non che sei se penso correctamente,pero o que sei, é que atrevome a pensar; e estando eu por esos derroteiros do maxin ocurreuseme:
Anda, fixate...moitos antonimos ( ou contrarios) sonche incorrectos, por que o negro non é o contrario do branco, nin o branco do negro...Eu creo có contrario é a ausencia ( ou a negación ) dó contrariado. Por o tanto o contrario de branco ou
de calquiera outra cor por necesidade ten que ser a ausencia de cor, a auga é incolora, o aire tamen...o que non fai imposible iso, por o mesmo co contrario de ben non che é mal, xa que o mal é mal segundo o punto de vista de quen o vexa, moitos pintores le dirian a picaso que o guernica saliulle mal (non son quen de imaxinar a Caravagio loandoo) por a contra outros moitos dirian que esta moi ben, ¿cal sera enton o antonimo de bo? a ausencia total de bondade ou maldade...e segundo os sicologos ese estado existe e dase nos sicopatas....Enton por que entender como contrarios o bo do malo, o negro do branco etc...Creo que é por mor da nosa necesidade de xustificalo todo, de non atender os matices que poderiannos distraer do cotidian ou levar por unha corredoira non demasiado transitada ( moral ou eticamente falando, claro) Democrito dixo que todo eran atomos e valeiros ( máis ou menos) e hoxe sabese que non andaba tan desencamiñado.... Xa que todo esta formado por unas mismas micromilesimales partes e espacios recheos de "nada" e si todo se pode resumir a iso,o contrario dó "ocupado" sonche os espacios e os espacios son nada, por o tanto o contrario de todo é nada e o contrario de calqueira cousa ( que non esquezamos componse do mesmo có todo) é a ausencia total de esa cousa, por o tanto o contrario de amistade seria a falla de amistade e non enemistade que por si implica unha necesidade de relacción, podria esgrimirse cós sentimentos ou os actos non se conforman igual que calqueira cousa material, pero
indirectamente son froito das reacciones quimicas que se dan nun corpo material , o que de certo xeito ataas a iste.
Ben non che dou máis a lata, a cuidarse meu.